Na xornada de hoxe, na que se coñeceu un novo brote de coronavirus na comarca do Carballiño, algúns establecementos da vila anunciaron a súa medida de prevención de pechar as súas portas nos próximos días. Entre eles atópase a Parrillada Conde, que tomou a decisión tras saberse que algúns dos positivos estiveran nas súas instalacións. Esta é unha medida preventiva destinada a realizar unha desinfección completa por parte dunha empresa especializada e para garantir a seguridade dos clientes. A continuación amosamos a imaxe que difundiron dende a Parrillada Conde:
Outro dos establecementos que tomou esta decisión foi o Balneario das Caldas de Partovia. Anunciaba a través das súas redes sociais que as instalacións permanecerán pechadas dende hoxe xoves e nos próximos 14 días, tamén para garantir a seguridade dos usuarios e seguindo a recomendación das autoridades sanitarias tras detectarse contacto cun caso confirmado positivo.
Como medida preventiva, realizaranse traballos de desinfección en todas as instalacións do balneario. Dende o establecemento lamentan as molestias que esta decisión poidan supor. A continuación amosamos a imaxe que dinfunden a través das súas redes sociais.