Anotate ao Xogo de Rol ao Vivo do 10 de xullo ás 20:00 horas en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A temática do Xogo:Trátase dun xogo de rol en vivo no que por grupos formaredes un Comité de investigación ás ordes dun Procurador fiscal que investiga a aparición dunha posible lista con 200 acusacións de herexía xudaizante a membros da comunidade de Ribadavia.
A vosa misión será a de atopar o listado e descubrir quén é a persoa que asina a lista para saber se os nomes que alí figuran son certos e, de selo, investigar a esas persoas para expiar a súa falta. No caso de conseguilo haberá que tramitar as primeiras dilixencias para purgar a vila de Ribadavia de herexes.
A Mecánica do Xogo:As persoas participantes poderanse inscribir en grupo (4-10 persoas) ou individualmente (nese caso a organización fará grupos). Deberá realizar un ingreso de 5€ por persoa nunha conta para reservar a súa praza. Esa reserva devolverase no momento do xogo.
As persoas participantes interpretarán o papel de investigadores do Tribunal do Santo Oficio. Cando o xogo de comezo os grupos interactuarán con actores voluntarios que os irán guiando pola trama, pero precisarán de interactuar con eles para ir solucionando diversas cuestións que farán que a trama avance.
Segundo avancen no argumento do xogo cambiarán de escenario, tendo ata 4 zonas de xogo
diferenciadas dentro do barrio xudeu de Ribadavia e o Castelo.
Estimamos a duración do xogo entre 90 e 120 minutos e realizaranse dous pases en función das preferencias e número de persoas interesadas. O primeiro pase será as 20:00h e o segundo ás 22:00h No caso de non ter xente abondo para realizar dous pases a organización resérvase o dereito de aglutinar aos participantes nun único pase. O Horario do mesmo virá determinado polo maior número de xente interesada nun horario concreto.
Agradecerase que as persoas participantes veñan vestidas e/ou caracterizadas como persoas
relixiosas da época para colaborar coa ambientación e estética do xogo.
Link Formulario:https://forms.gle/e7CvBq7bikT3JLsk7

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO