Aspadisi e o equipo de audiovisuais do Chamoso estrean unha película o xoves día 11 no auditorio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Cine Club Carballiño están encantadas de invitar a todo o mundo a unha proxección moi especial para eles, a estrea da película La familia de los amigos, escrita, dirixida e filmada por varios membros de Aspadisi, en colaboración co equipo de audiovisuais do IES Chamoso Lamas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao longo deste curso, os membros do equipo de audiovisuais do Chamoso estiveron impartindo un “curso” de cine en Aspadisi, co obxectivo de achegar aos compoñentes deste colectivo os fundamentos da linguaxe cinematográfica, así como o manexo do equipamento necesario para facer cine (cámara, son, edición e montaxe). A medida que ía pasando o tempo, foi xurdindo a idea de aproveitar estas “clases” para ir máis alá e contar nun filme a propia vida de Aspadisi, o seu traballo, os seus esforzos, a súa vida cotiá e, sobre todo, o seu contaxioso entusiasmo vital. Eles mesmos foron os que decidiron qué querían contar e como, co asesoramento do profesorado do Chamoso.

O resultado é La familia de los amigos, unha mediometraxe (65 minutos) na que poderedes apreciar o seu talento cinematográfico. A estrea será o día xoves 11 de xullo no Auditorio Manuel María do Carballiño, e terá dous pases, un ás 16:00 horas e outro ás 20:00 horas. A entrada será de balde