En Cenlle : Contratación laboral temporal de 4 peóns/peoas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 PEÓNS/PEOAS FORESTAIS PARA REALIZAR O EXPEDIENTE DE SUBVENCIÓN DE FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL, XESTIÓN COMPARTIDA (LIMPEZA DA RUTA DE SENDEIRISMO A SAN TROCADO)
Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución de Alcaldía do 01/07/2024:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  1. Número e denominación das prazas: catro postos de traballo de peón/peoa forestal para
    realizar o expediente de subvención de Fondo de Compensación Ambiental, xestión compartida
    (limpeza da ruta de sendeirismo a San Trocado).
  2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, por circunstancias da produción, a
    xornada completa.
  3. Duración do contrato: 90 días.
  4. Sistema de selección: concurso de méritos.
  5. Retribucións totais: 1.323 €/mes (incluída pppe).
  6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao
    da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do Concello
    de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
  7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de
    anuncios do Concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal
    Cenlle, 2 de xullo de 2024. A alcaldesa.