A alcaldesa do Irixo rexeita someterse á cuestión de confianza solicitada polo PP

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os catro concelleiros do PP votaron a favor de que a alcaldesa plantexase a cuestión de confianza, tamén apoiado co seu voto polo concelleiro de Xuntos polo Irixo, Juan Manuel Villanueva. Este último edil xa amosara as súas discrepancias co grupo ao que pertence varias semanas atrás cando votou en contra dos orzamentos presentados polo grupo de goberno do que forma parte.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os dous concelleiros do PSdeG que conforman goberno con Xuntos polo Irixo optaron pola abstención, e os únicos votos en contra foron o da alcaldesa e unha das concelleiras de Xuntos.

Na súa intervención no Pleno e tamén por escrito a través dun comunicado, Susana Iglesias sinalou que someterse á cuestión de confianza “é unha competencia exclusiva da alcaldía e non é unha cuestión que deba tomarse á lixeira, pois o custo económico de levar a cabo este pleno extraordinario, estimado en 400 euros, é un recurso que ben podería empregarse en servizos que beneficien aos nosos veciños. Son tempos onde cada euro conta e debemos ser responsables dos fondos públicos”.

Apuntou tamén que “a dedicación ó nosos pobo debe prevalecer sobre calquera ambicion politica”, e sinalou que reitera o seu compromiso co cargo que ten “coa transparencia, a integridade e o traballo incansable a favor da comunidade”.

“Non necesito mais confianza que a de numerosos veciños e veciñas, compañeiros e compañeiras leais, que se comunicaron conmigo ao longo destes días para demostrar e depositar no noso equipo de goberno a súa colaboración e fe na nosa xestión”. Anunciaba con estas palabras que non renunciará ao cargo de alcaldesa e que seguirá traballando polos veciños: “Continuarei adiante, con ou sen moción de confianza, enfocada nos retos e oportunidades que o noso concello enfronta, sempre poñendo aos nosos veciños primeiro”.