Turistas de toda España, sobre todo de Madrid, visitan o Carballiño nesta tempada estival

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño, comezou a tempada estival turística con pleno rendemento na Oficina Municipal de Turismo, que estará aberta de martes a domingo en horario de 11,00 a 14,00 h e de 17,00 a 20,00h. Os xoves ofertan unha visita guiada ao templo da Veracruz en horario de 10,15 a 11,00 h, previa reserva gratuíta na propia oficina de Turismo.

O Museo Etnográfico do Arenteiro tamén permanecerá aberto de mércores a luns en horario de 11,00 a 20,00 h.
Debido ás actuacións contempladas no Plan de Sostibilidade Turística, os bungalows permanecerán pechados este verán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A programación cultural tamén acompañará á chegada de máis visitantes co entroido de Verán e música. A vindeira semana está prevista a presentación da programación da Festa do Pulpo, que tamén  atraerá a un gran número de turistas.