Aspadisi estrea un filme dirixido e rodado por eles mesmos co equipo de audiovisuais do IES Chamoso Lamas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O auditorio Manuel María do Carballiño acolleu onte a dobre estrea  da película “La familia de los amigos”, escrita, dirixida e filmada por varios membros de Aspadisi, en colaboración co equipo de audiovisuais do IES Chamoso Lamas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao longo deste curso, os membros do equipo de audiovisuais do Chamoso estiveron impartindo un “curso” de cine en Aspadisi, co obxectivo de achegar aos compoñentes deste colectivo os fundamentos da linguaxe cinematográfica.  

A medida que ía pasando o tempo, foi xurdindo a idea de aproveitar estas “clases” para ir máis alá e contar nun filme a propia vida de Aspadisi, o seu traballo, os seus esforzos, a súa vida cotiá e, sobre todo, o seu contaxioso entusiasmo vital.

A esta estrea acudiron todos os mozos de Aspadisi, os traballadores do centro ocupacional e tamén as familias e amigos. Desexaban, emocionados, ensinar o traballo que fixeron, e para todos foi moi emocionante esta estrea. Tamén o foi para os representantes do concello e do centro educativo, quenes non quixeron perderse este día.