Volve Flores de Cine ao Carballiño, con tres filmes esta semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta vindeira semana temos no barrio de Flores do Carballiño unha nova edición de Flores de cine, que serán os días 16, 17 e 18 de xullo en horario de 22:30 horas. Este ano temos tres magníficas películas, dúas delas de recente estrea e outra unha obra mestra de Aki Kaurismaki.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Empezarán mañá martes día 16 coa película francesa Passages, dirixida en 2023 por Ira Sachs, unha reflexión sobre os celos e o narcisismo dentro dun triángulo amoroso que acadou o recoñecemento da crítica e do público. O mércores día 17 teremos Nubes pasajeras, filme dirixido por Aki Kaurismaki no ano 1996, e que foi un dos seus grandes éxitos intenacionais. Unha comedia dramática ambientada no mundo laboral e a precariedade na que o mestre finlandés amosa todas as esencias do seu cine. E pecharemos o ciclo o xoves día 18 cunha pequena xoia do cinema español máis recente, Las gentiles, dirixida no ano 2021 por Santi Amodeo, unha historia centrada na adolescencia de dúas rapazas encarnadas de xeito moi convincente por dúas novas actrices, África de la Cruz e Paula Díaz. 

As proxeccións serán ao lado de A Bodega e a entrada é de balde ata completar aforo, que será de 50 persoas.  Este evento, como cada ano, está organizado polo Cine Club do Carballiño en colaboración co concello.