O conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participaron nas xornadas “O medio rural: un territorio organizado en proceso de transformación”.
Alí, o conselleiro destacou o Plan de dinamización do núcleo rural das aldeas modelo, que permitirá levar a cabo a revitalización do núcleo rural das aldeas modelo.
Este ano xa se comezou a traballar na elaboración do Plan de dinamización de tres aldeas piloto: Muimenta (Carballeda de Avia), Penedo (Boborás) e Osmo (cenlle), e ao longo de 2022 empezarase co seu desenvolvemento. Así mesmo, lembrou que en Galicia hai actualmente 14 aldeas modelo declaradas, das cales tres delas xa están en funcionamento e están destinadas a gandaría en extensivo con razas autóctonas.