Na madrugada do sábado día 13 de xullo deste ano, tras ser informados por un veciño, unha patrulla da Policía Local identificou o condutor dun vehículo que abandonou dous cans na Avenida do Parque, informando tamén sobre a matrícula e modelo do vehículo. Un dos animais foi recollido no mesmo lugar polo alertante mentres que o outro foi localizado un pouco máis tarde.
Ás 03,45 horas unha patrulla localizou o coche implicado dándolle o alto e identificando o seu condutor quen resultou ser V.O.S.R. de 59 anos de idade e veciño do Irixo.
Ademais os axentes comprobaron que desprendía un forte cheiro a alcol
polo que procederon a realizarlle a proba de alcoholemia dando un resultado positivo de 0,58 miligramos en aire expirado sendo proposto para unha sanción administrativa que podería conlevar unha sanción de mil euros. Pero ademais o condutor foi detido como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena ao conducir o vehículo tendo o permiso retirado por orde xudicial. Tamén será denunciado polo abandono dos dous animais, feito que recoñeceu ante os axentes, e polo que podería ser sancionado cunha multa de entre 500 e 10,000 euros por cada can.
Un feito similar ocorreu o pasado día 12 ás 00,40 horas cando
P.C.I. veciño de Boborás (Ourense), de 37 anos de idade que foi sorprendido conducindo un vehículo co permiso retirado por orde xudicial, procedendo á súa detención por quebrantamento de condena; pero ademais foi sometido á proba de alcoholemia dando en resultado positivo de 0,51 miligramos de alcol no aire expirado.
O día 13 de xullo unha patrulla da Policía Local procedio á detención de J.A. M. M, veciño de Carballiño de 40 anos de idade como presunto autor dun delito de violencia de xénero cometido contra a súa parella, a que presentaba lesións nos brazos. A detención prodúcese no domicilio de ambos.