Sofía García “o turismo activo e deportivo xera beneficios económicos e sociais para o noso concello, promovendo a creación de emprego e o desenvolvemento de infraestruturas turísticas sostibles”
O Carballiño, 15 de xullo de 2024. A voceira do BNG con concello de do Carballiño, Sofía García, ven de presentar unha moción coa que pretende promover un modelo turístico sustentábel que cuntribúa á diversificar a oferta turística, atraendo un tipo de turista comprometido coa saúde, o benestar e a conservación do medio ambiente.
Propomos, dí a voceira do BNG, implementar un turismo activo na vila que “é unha forma de turismo que promove a interacción coa natureza, o exercicio físico e a aventura, fomentando a conservación da contorna e o desenvolvemento sostible das comunidades locais”
Con esta iniciativa tamén se demanda por en valor o Camiño dos Arrieiros “como roteiro de turismo activo, co obxectivo de promover o desenvolvemento sostible da zona a través do turismo responsable e de calidade.” Sinalou a voceira nacionalista.
Desde o BNG tamén demandan do concello impulsar a creación de roteiros e circuítos turísticos que permitan aos visitantes gozar da natureza, a cultura, o deporte, a gastronomía e as tradicións locais, enriquecendo a súa experiencia de viaxe. O Carballiño, sinala a voceira do nacionalista do Carballiño, conta con inmensos espazos naturais nos que gozar da natureza e do deporte – O Parque Municipal, o Parque Etnográfico, o xa citado Camiño dos Arrieiros, a ruta de sendeirismo PR-G 79 entre outros- e tamén conta cunha gran riqueza cultural e un importante patrimonio histórico-artístico. Todo elo permítenos explorar a natureza e participar en actividades ao aire libre favorecendo o desenvolvemento sostible do noso concello.
Dende o BNG consideramos que o turismo activo e deportivo, afirma García, xera beneficios económicos e sociais para o noso concello, promovendo a creación de emprego e o desenvolvemento de infraestruturas turísticas sostibles, polo que tamén demandamos incentivar a formación e capacitación de guías e profesionais do turismo activo, co fin de garantir a seguridade e a calidade das experiencias para os turistas