O Círculo de Belas Artes e o Concello do Carballiño presentaron onte ‘Atlas Palacios 2024-2026’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Círculo de Belas Artes e o Concello do Carballiño presentaron onte ‘Atlas Palacios 2024-2026’, un proxecto de investigación e divulgación patrimonial que vincula o aniversario do 150 aniversario do nacemento do arquitecto, durante o presente ano 2024, co primeiro centenario do edificio que actualmente alberga a sede do Círculo de Belas Artes de Madrid, en 2026.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A proposta tamén vinculará, baixo un diálogo experimental, o conxunto de edificios que o arquitecto deseñou na súa Galicia natal cos admirados exemplos da súa arquitectura situados na cidade de Madrid. En conxunto, este atlas virtual inclúe o desenvolvemento de actividades expositivas (fundamentalmente, o deseño e montaxe de instalacións audiovisuais nos espazos creados por Palacios), actividades pedagóxicas, a ferramenta web www.atlaspalacios.com, na que o Concello do Carballiño conta con unha páxina específica que recolle os avances no estudo e divulgación do Templo de Veracruz, e a realización dun ensaio documental que se estreará en 2026.

Como presentación xeral do proxecto, e especialmente da súa páxina web, durante o acto celebrouse unha conferencia do seu comisario, José Manuel Mouriño, acompañado no acto pola directora de Publicacións e Actos Externos do Círculo de Belas Artes, Carolina del Olmo , así como polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández. O encontro permitiu tamén ao director do Círculo de Belas Artes, Valerio Rocco, e aos representantes do Concello do Carballiño manter, xunto co comisario do proxecto, José Manuel Mouriño, unha reunión de traballo para propor a coordinación de novas actividades e reforzar colaboración entre institucións.

Este encontro coa arquitectura serviu para informar sobre os enfoques teóricos, metodoloxía e liñas de traballo que conformaron o Atlas nos seus inicios, así como para dar conta dos primeiros avances obtidos en forma de actuacións desenvolvidas dende o proxecto en Galicia durante os meses. do pasado mes de maio e xuño. En concreto, o público madrileño descubriu os resultados da programación de actividades organizadas por O Carballiño arredor do Templo da Veracruz e o seu creador, Antonio Palacios.