A Deputación adícalle abril, dentro da iniciativa “8M, mes a mes”, á sororidade que une aos grupos de mulleres no rural. Este mes “Supermulleres” de Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na campaña deste mes, as protagonistas que ilustran este recoñecemento son as “Supermulleres” de Boborás, un grupo de 5 mulleres unidas polo ganchillo e a calceta, que elaboran manualidades que logo doan á Asociación Española Contra o Cancro

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A deputada provincial de Igualdade, Teresa Barge, recalca que estas agrupacións de mulleres “son moito máis que simples encontros, son fogares da alma onde o tempo se detén para dar paso á complicidade, ao apoio incondicional e á forza compartida”

Ourense, 7 de abril de 2025.

Este mes de abril, coincidindo coa celebración do primeiro ano do programa, “8M, mes a mes”, a Área de Igualdade da Deputación de Ourense quere realizar un recoñecemento especial á importancia de reunión e a sororidade entre mulleres para compartir vivencias, afeccións e pasar o tempo en boa compañía.  Nesta ocasións as mulleres seleccionadas para ilustrar esta iniciativa son as “Supermulleres” .

As “Supermulleres” son un grupo de cinco mulleres que se reúnen no concello de Boborás. Está composto por Leontina Vázquez, Mª Dolores González, Rosa Mª Pérez, Concepción García e Rocío Sobrado. Catro delas da parroquia de Sta. María de Xuvencos e unha de San Xulián de Antreses.

Este colectivo xurdiu a raíz de coincidir nun curso ofertado polo Concello de Boborás para as mulleres do rural, e co tempo consolidouse en reunións habituais. Nestas xuntanzas, fundamentalmente realizan diferentes manualidades (ganchillo, calceta, bonequiñas…), e todas elas son doadas á Asociación Española Contra o Cancro.

Ademáis da súa labor solidaria, elas mesmas comentan que usan este espazo para socializar, intercambiar ideas, libros, risas e apoio moral, creando dese xeito unha gran acción social na contorna.

Destaca tamén a Área de Igualdade que dirixe a deputada provincial Teresa Barge, que as agrupacións de mulleres, coma as “Supermulleres” de Boborás, “son moito máis que simples encontros; son fogares da alma onde o tempo se detén para dar paso á complicidade, ao apoio incondicional e á forza compartida. Nestes espazos, cada palabra, cada risa e cada man tendida entrelazan unha rede invisible pero poderosa que sostén a quen a precisa”.

Compartir vivencias, afeccións e momentos de vida converte estas reunións nun refuxio cálido onde o silencio nunca pesa e onde os soños, en lugar de esmorecer, multiplícanse, explica a deputada de Igualdade. “Son fíos invisibles que tecen lazos de sororidade, eses que fan que ningunha muller se sinta soa, que cada historia conte e que cada pequeno xesto de solidariedade transforme o mundo, un punto de ganchillo, unha aperta ou unha gargallada á vez”, conclúe Teresa Barge.