O concello do Carballiño acolleu esta mañá a presentación da 62ª edición da Festa do Pulpo, evento gastronómico por excelencia, de Interese Turístico Internacional, e que terá lugar o domingo 11 de agosto. Nesta ocasión, está dedicado á Denominación de Orixe Ribeiro, ambos compañeiros de comidas e a perfecta maridaxe. Este binomio é ademais o protagonista do cartel, deseñado un ano máis por Ari Quintas.
Tanto para a Xunta como para a Deputación, colaborar neste evento é todo un pracer, apostando por fomentar o turismo enogastronómico e o potencial que ten esta comarca.
En canto á programación para a semana do pulpo, comezará con actividades para pequenos, moita música con concertos, orquestras e bandas tradicionais, un partido de fútbol e cunha novidade, que será unha mostra de viños do Ribeiro os días 3 e 4 de agosto. Tamén teremos o día 6 a tapa xigante de pulpo e o sábado previo, o concurso de camisetas para peñas.