19 DE XULLO DE 2024
O circuito de As Pontes acolle esta fin de semana (20 e 21 de xullo) a segunda data do Campionato Xunta de Galicia da modalidade, que batiu o récord de inscritos dende que o novo promotor se fixo cargo do certame.
Nesta ocasión serán máis de 84 equipos os que estarán presentes no circuito coruñés, un dos mellores da autonomía para a práctica do karting.
A actividade comezará o sábado cos adestramentos libres e as competicións da categoría pre-rookie, unha introducción ao mundo do karting para os deportistas máis xóvenes, na que non hai resultados e todos son vencedores.
Xa o domingo 21 de xullo, dende as 09:15 horas, turno para a competición no resto de modalidades cos adestramentos libres e oficiais.
A partires das 11:30 horas comezará a primeira das carreiras oficiais en todas as categorías presentes, mentres que ás 12:45 horas chegará a segunda e definitiva.
A entrega de premios está marcada para as 15:30 horas.