O C.R.D.O. Ribeiro emprende un ano máis o seu operativo de control con auditorías de viñedo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xa se comezaron as labores de inspección nunha mostra representativa de viticultores

Ribadavia, 23 de xullo de 2024. O C.R.D.O. Ribeiro, como máximo competente no control e verificación da uva que entra nas adegas rexistradas neste organismo, deu comezo este mes a un operativo de inspeccións a través de auditorías nunha mostra representativa de viñedos inscritos no rexistro no Consello Regulador.

Dende este mes, como vén realizando nos últimos seis anos, levaranse a cabo inspeccións de viñedo nas fincas de viticultores da Denominación de Orixe. Estas accións servirán para valorar o estado actual dos viñedos, así como facer unha aproximación da colleita para a vendima deste ano.

Durante os últimos seis anos leváronse a cabo arredor de 900 inspeccións, o que permite ir facendo unha actualización permanente do rexistro vitícola e ter ao día toda a información relativa aos viticultores, así como as súas fincas e variedades de uva das mesmas.

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro é o máximo competente no control e verificación da uva e por elo, este operativo está creado para garantir a orixe e a calidade nos produtos da D.O. Ribeiro para poder transmitir toda a seguridade ao público que consumirá nun futuro os viños.