ABANCA, Afundación e o Concello de Verín amosan «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló»

I A mostra inaugúrase mañá, mércores 6 de outubro, ás 11.15 h na Sala de Exposición do Concello de Verín

I Esta colaboración enmárcase no proxecto «Corrente cultural» da Obra Social de ABANCA

AVANTAR ACTIVIDADES

05.10.2021. ABANCA, Afundación e o Concello de Verín inaugurarán mañá, mércores 6 de outubro ás 11.15 h, a mostra «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló». Ao acto asistirán Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Pablo Villar, director da oficina de ABANCA en Verín; e Xosé Carlos Caneiro, vicepresidente de Afundación. 

A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase contemplar na Sala de Exposicións de Verín ata o 5 de novembro de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00 h.

A través dos artistas máis destacados do século XX español, esta exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico e as súas variantes, en especial a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan nítida xa que os artistas actuais son quen de mesturar as distintas técnicas e mesmo inventárense outras novas.

Esta mostra é froito da colaboración enmarcada no proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

EventoInauguración da mostra «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló»
LugarSala de Exposicións do Concello de Verín
Data e horaMércores 6 de outubro, 11.15 h
    AsistentesGerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín María José López Rubal, directora de zona de ABANCA Xosé Carlos Caneiro, vicepresidente de Afundación