Comeza a tempada de fútbol e o C.D. Arenteiro informa todos aqueles que queiran formar parte da súa familia ou seguir vivindo ao seu carón momentos que semellaban imposibles de que xa poden conseguir o abono. Haberá catro carnés dispoñibles: o abono xeral, o xove, o arenteirista e para a base.
Na páxina web do club podedes ver todas as condicións e vantaxes dos socios/as de forma detallada.
A partir do luns 29 de xullo estarán na oficina do C.D. Arenteiro para aqueles que queiran tramitar a alta ou renovación de forma presencial, na Rúa Rosalía de Castro, 16, Baixo, no horario de luns a venres de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 13:00h.