O grupo socialista lamenta que as festas de Ourense estean a perder a súa idiosincrasia e cualifica as da ponte como “decepcionantes” para ser as do barrio máis populoso da cidade de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A edil socialista Natalia González cualifícaas como “o culmen do egocentrismo” do alcalde que ata lle furtou “a un ilustre veciño a oportunidade de dar o pregón para facelo el mesmo”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Iso si, o xefe da comisión subiu ao palco a vender a moto ao público de financialas nun 75%, semella que esquecendo que son cartos de todos e de todas a veciñas”, engade a voceira do PSdeG no Concello

Ourense, 29 de xullo de 2024. A portavoz do grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González, afirma que as festas da cidade e dos seus barrios “convertéronse nos últimos anos nun negocio para Gonzalo Pérez Jácome, e os seus amigos, levando por diante a identidade das mesmas e a súa gran tradición e idiosincrasia”. Logo da valoración do goberno local e do propio rexedor das últimas celebradas en A Ponte, a edil socialista cualifícaas como “o culmen do egocentrismo” do alcalde que ata lle furtou “a un ilustre veciño a oportunidade de dar o pregón para facelo el mesmo”.

Nesta liña, lamentan as e os edís do PSdeG que todas as festas dos barrios sexan idénticas en Ourense. “Iguais orquestras, mesmas atraccións, sempre o disc-jóckey A Gramola, o integrante permanente das comisións de festas amigo do rexedor e o mesmo pregoeiro: Jácome”, expón a tamén secretaria xeral do partido na cidade.

Así mesmo, lembran que a celebración de A Ponte perdeu polo camino un símbolo de identidade como era o festival PonteRock porque resulta “imposible encaixalo nun programa de festas no que manda un alcalde que ofrece escaso ou nulo apoio a artistas locais”. Do mesmo xeito, e malia o éxito do que presumen dende o executivo local, tampouco houbo rastro do torneo clásico de fútbol, a volta ciclista ou a feira de mostras das festas do Santiago que adoitaban ter lugar.

“En definitiva, foron unhas festas decepcionantes para o barrio máis senlleiro e populoso de Ourense e non tiveron a participación nin a oferta desexada. Iso si, o xefe da comisión subiu ao palco a vender a moto ao público de financialas nun 75%, semella que esquecendo que son cartos de todos e de todas a veciñas”, remata a socialista.