A Festa do Pulpo abrirá programación cunha mostra de viños do Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Festa do Pulpo comeza a abrir apetito esta fin de semana. O concello está en marcha coa preparación das infraestruturas que albergarán, na Praza Maior, a Mostra de Viños os días 3 e 4 de agosto. Contarase coa participación de 6 bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A música tamén será un dos pratos fortes do programa. En total, ao longo dos 15 días de festa actuarán una quincena de grupos de música folk e tradicional, sen contar os de outros estilos musicais.

Será o día 6 de agosto a queda da tapa xigante. E para o día grande, o 11 de agosto, programáronse actuacións musicais no Parque Municipal dende as 11.00 horas.  Para o xantar popular xa se venderon a totalidade das entradas dispoñibles. O recinto oficial terá aforo completo.