-Para a súa elaboración empregaranse un total de 50 litros de aceite, 7 quilos de sal e 3 de pimentón e o pulpo servirase nun prato de 5,37 metros de diámetro
O Carballiño, 4 de agosto de 2023
Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño prepáranse para conseguir o que parece imposible: elaborar unha tapa de pulpo de 590 quilos nun prato de 5,37 metros de diámetro a gran velocidade. Será o martes 6 de agosto cando intenten bater un novo récord mundial na Praza Maior e a súa fazaña será presenciada por centos de veciños, veciñas e visitantes, como ocorreu xa nas pasadas edicións. Para a elaboración da tapa de pulpo tamén serán necesarios 50 litros de aceite, 7 quilos de sal e 3 de pimentón.
O Carballiño leva xa dende o luns celebrando a Festa do Pulpo, que nesta 62 edición se dedica á Denominación de Orixe Ribeiro e cunha programación que se estenderá ata o domingo 11 de agosto, cando está prevista a gran romaría no Parque Municipal.
Este é o programa detallado para os próximos días:
MOSTRA VIÑOS D.O. RIBEIRO
Domingo, 4 – ás 12 h e ás 21.30 h na Praza Maior
Animación musical OS BIRUXES
– ás 20 h na Praza Maior
CONCERTO – EL HECHIZO DE NORA
CONCERTO DE CLON MELA
Luns, 5 ás 20 h na Praza Maior
A TAPA XIGANTE MÁIS GRANDE DO MUNDO
Martes, 6 – a partir das 19 h na Praza Maior
Animación musical TERRAS DO ARENTEIRO
– ás 21 h na Praza Maior
CONCERTO de SOUL & ROCK
ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior
FESTA DO PULPO
Domingo, 11 – a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
– de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
– ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
– ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO