O concello de Leiro publica as bases para participar no concurso de carrozas da Festa da Vendimia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Festa da Vendima de Leiro, que este ano alcanza a súa 33ª edición, comeza cos preparativos. Neste caso, dende o concello xa fixeron públicas as bases para o concurso de carrozas da vendima, que se celebrará durante a mañá da xornada festiva.

Entre os requisitos, os integrantes terán que ser maiores de 16 anos. A temática terá que ser referente á vendima, antes ou despois da colleita da uva; así como os relacionados coa adega e elaboración do viño ou os diferentes traballos nas viñas.

COMERCIAL ORCELLÓN

Os membros da carroza terán que ir ataviados con roupas acordes co tema escollido. Establécense tres premios, 1.000 euros para o primeiro, 750 para o segundo e 600 euros para o terceiro.

As carrozas participantes que non obteñan ningún dos tres premios entregaráselles un premio de participación de 400,00 euros.

Toda carroza terá que inscribirse no concello de Leiro, acudindo persoalmente e ofrecendo uns datos básicos de inscrición.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------