Ribeiro en Común reclama o arranxo do Reloxo do Concello.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Máis de un ano leva fora de servizo, sen que o actual goberno fora capaz de buscar unha solución.
Ribeiro En Común recorda que, aínda que o sistema tradicional foi cambiado por un sistema eléctrico, a súa posta en funcionamento debera ser obrigatorio para o Concello, por ser un símbolo de Ribadavia e tamén pola mala imaxe que o goberno está a dar cun Reloxo histórico na casa consistorial parado e fora de servizo.
Por todo isto, reclamámoslle ao goberno local que se deixe de excusas e busque unha solución, como outros fixeron antes.Non nos parece de recibo que desprecen desta maneira o que é un símbolo de Ribadavia e dos ribadavienses.
Mentres concellos, como o veciño do Carballiño, anuncian a restauración ou reparación dos seus reloxos históricos, o goberno de Ribadavia despreza o noso,  a pesar de ser moi querido polos veciños.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO