O centro comercial aberto organiza unha nova edición da feira do stock este venres, sábado e domingo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Centro Comercial Aberto do Carballiño organiza este verán unha nova edición da Feira do Stock programada para esta fin de semana a partir do venres 23.  

Esta mañá presentouse a nova edición da Feira de Stock organizada polo Centro Comercial Aberto do Carballiño, programada para os días 23, 24 e 25 de agosto. Un total de 15 comercios da vila daranse cita na Praza Maior, onde ofrecerán unha ampla selección de produtos aos seus mellores prezos. A apertura de portas levarase a cabo mañá venres ás cinco da tarde e pechará ás 10 da noite. E continuarán o sábado e o domingo, en horario de 11 da mañá ata as dúas da tarde, e das cinco da tarde ata as dez da noite.

COMERCIAL ORCELLÓN

Os clientes poderán adquirir produtos de calidade a prezos atractivos, dende ropa e calzado para todas as idades, complementos, xoguetes, doces, decoración e moito máis. Unha diversidade de opcións que garante o desfrute para todo gusto e necesidade.

Nesta ocasión, sortearase 200 euros en vales de compra para todos aqueles que compren algún tipo de artigo na festa do stock. Nos propios establecementos, os clientes recibirán unha papeleta de participación despois de mercar algún produto. O sorteo farase o luns pola mañá dende as redes sociais da asociación.

A Feira do Stock é unha das campañas con máis éxito a nivel de comercio en toda a comarca do Carballiño. Dende Centro Comercial Aberto convidan a todo o mundo a achegarse ata a vila e apostar polo comercio local do municipio.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------