A Xunta reforza as medidas e axudas destinadas á atención das vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma

A Secretaria Xeral da Igualdade e o delegado territorial da Xunta en Ourense mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos dezaseis Centros de Información á Muller (CIM) da provincia

Os CIM da provincia de Ourense participaron no Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero posto en marcha pola Secretaría Xeral da Igualdade para garantir todos os recursos de acollida a aquelas mulleres que os precisen durante a vixencia do Estado de Alarma

AVANTAR ACTIVIDADES


A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos dezaseis Centros de Información á Muller (CIM) da provincia. Nesta xuntanza telemática, tanto a Secretaria Xeral da Igualdade como o delegado territorial, quixeron coñecer de preto as súas achegas e necesidades, así como informalas das axudas e os recursos da administración autonómica á súa disposición.

Os dezaseis Centros de Información á Muller (CIM) da provincia de Ourense participaron no Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero posto en marcha pola Secretaría Xeral de Igualdade para garantir todos os recursos de acollida a aquelas mulleres que os precisen durante a vixencia do Estado de Alarma.

O Goberno galego segue mantendo todas as axudas e recursos do seu orzamento para atender ás vítimas de violencia de xénero, entre as que se inclúen as prestacións económicas, o asesoramento psicolóxico, de asistencia social e xurídica dos CIM e, no seu caso, o funcionamento das casas de acollida.

Outro dos asuntos trasladados na xuntanza foi o feito de que o Goberno galego está a traballar no reforzo e reconfiguración dos programas de conciliación da vida laboral e familiar, apoiados pola Xunta, e que adquiren un papel esencial durante os próximos meses. A administración autonómica estuda fórmulas, en colaboración cos concellos, para seguir prestando estes apoios.

López Abella e Gabriel Alén incidiron que tralo decreto do Estado de Alarma e o confinamento, unha das principais preocupacións do Goberno galego foi o aumento de risco para as mulleres vítimas de violencia de xénero, sobre todo para aquelas que conviven co seu agresor, por iso subliñaron “o servizo e apoio ofrecido polos CIM é fundamental. “Ante a pandemia de coronavirus, todos os centros están funcionando, prestando atención vía telefónica e telemática e, mesmo, ofrecendo atención presencial naqueles casos de maior gravidade”, explicaron a secretaria xeral da Igualdade e o delegado territorial.

Ademais, mantéñense totalmente operativos os centros de acollida ata completar capacidade e tamén se acordou reforzar a colaboración coa Rede galega contra a trata para atender situacións de especial vulnerabilidade causadas pola crise do coronavirus.

O Plan de reforzo vixente inclúe, ademais, entre outras medidas, a ampliación do bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, ata poder chegar a asumir a Xunta o pagamento do 100% do alugueiro, para paliar o impacto económico que o estado de alarma poida ter sobre as vítimas.

Os CIM da provincia e centros de acollida

Na área territorial de Ourense permanecen operativos os CIM da Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda, da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, da Mancomunidade do Ribeiro, da Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras, da Mancomunidade Terra de Celanova, de Barbadás, do Concello de Avión, do Concello de Maceda, do Concello de Muíños, do Concello de Ourense, do Concello de Pobra de Trives, do Concello de Viana do Bolo, do Concello de Xinzo de Limia, do Concello do Barco de Valdeorras, do Concello do Carballiño e do Concello de Pereiro de Aguiar

“Ante a pandemia de coronavirus, todos os centros están funcionando, prestando atención por vía telefónica e telemática, e mesmo ofrecendo atención presencial naqueles casos de maior gravidade”-explicaron a secretaria xeral e o delegado territorial.

Asemade, mantéñense totalmente operativos os centros de acollida ata completar capacidade e tamén se acordou reforzar a colaboración coa Rede galega contra a trata para atender situacións de especial vulnerabilidade causadas pola crise do coronavirus.

Ademais, o Plan de reforzo vixente inclúe, entre outras medidas, a ampliación do bono alugueiro social para as vítimas de violencia de xénero, ata poder chegar a asumir a Xunta o pagamento do 100% do alugueiro, para paliar o impacto económico que o estado de alarma poida ter sobre as vítimas.

Tamén continúa activo servizo de atención telefónica 24 horas a mulleres vítimas de violencia de xénero (900400273), que recibe tamén as chamadas procedentes de Galicia que entran a través do 016. Ademais, opera con normalidade o asesoramento xurídico en liña e seguen operativas as terapias de apoio psicolóxico, tanto en atención presencial como a través de sesións telemáticas ou telefónicas, ao igual que o contacto coas vítimas de violencia sexual.