O IES Chamoso Lamas pecha unha aula de oito alumnos por un caso de covid

A consellería de Educación acordou o peche dunha aula do IES Manuel Chamoso Lamas ó rexistrarse un caso positivo dun alumno. Trátase dunha aula na que dan clase só oito alumnos, polo que se puxeron en cuarentena á súa totalidade. Aínda que este non é o procedemento habitual en aulas con máis alumnos. Nos centros educativos do Carballiño é a primeira vez que se pecha unha aula ó completo, a pesar de que a comarca chegou a rexistrar preto de 50 alumnos contaxiados.

No IES Chamoso Lamas hai outros dous casos positivos, procedentes doutras aulas e figura ademais un contaxio no Sagrado Corazón e outro no Vila do Arenteiro.

AVANTAR ACTIVIDADES