A Deputación de Ourense asigna preto de 300.000 euros á cooperación cos municipios da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno vén de aprobar tamén 30.000 euros para destinalos a axudar cos gastos de funcionamento da Asociación Autismo OurenseNa mesma sesión, aprobouse a modificación do Plan de Cooperación a petición do Concello de Maside, coa fin de cambiar o destino de 22.670 euros consignados no CooperOU

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourese, 27 de agosto de 2024.A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria desta semana, vén de aprobar axudas á cooperación un total de 270.989,5 euros, dos que na súa meirande parte están destinadas a concellos da provincia, salvo 30.000 euros destinados a gastos de funcionamento do centro de día da Asociación Autismo Ourense.

Así, para a cooperación municipal destínanse 242.000 euros, que están distribuidos nos seguintes conceptos: 10.000 euros para o Concello de Calvos de Randín para “Portas do Xurés”; para o Concello de Castrelo de Miño destínanse 12.000 euros para redacción de proxectos durante 2024; para gastos de funcionamento do Museo de Arte Sacro, o Concello de Castro Caldelas percibe 20.000 euros; mentres que para o cofinanciamento do SAF- no Concello de Monterrei destínanse 45.000 euros.

Pola súa banda, o Concello de Parada de Sil recibirá diversas achegas: 24.000 euros para a inclusión da Rede Galega de Museos, a dixitalización de documentación, mantemento e persoal do Museo do Chocolate; 25.000 euros para o Plan de Sostibilidade Turística 2024 (adaptación á rede Destino Turístico Intelixente, equipamento, mantemento e persoal); así como 16.000 euros para a redacción do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Parada de Sil.

O Concello de Piñor obterá 12.500 euros para creación dunha páxina web municipal; o Concello de Punxín percibirá 5.989,5 euros para a contratación dun arquitecto; para gastos de funcionamento do Museo Olimpio Liste, o Concello de Cea terá 25.000 euros, así como 5.500 euros para mantemento de campos de fútbol.

Por último, o Concello do Barco de Valdeorras percibirá 40.000 euros para gastos de funcionamento do Conservatorio de Música.Na mesma sesión, aprobouse a modificación do Plan de Cooperación a petición do Concello de Maside, coa fin de cambiar o destino de 22.670 euros consignados no CooperOU 2024.