Un incendio arrasa por completo un taller en San Cristovo de Cea onde almacenaban instrumentos musicais

IES CHAMOSO LAMAS

Segundo a información do 112 Galicia, o lume comezou ao redor das cinco desta madrugada neste inmoble de Vilaseco, en San Cristovo de Cea sen causar danos persoais.

VIDEO

HIPER MASIDE


Con todo, foron moitos os danos materiais, pois ardeu por completo o interior deste alpendre que se usaba como taller e no que se gardaban instrumentos musicais e maquinaria diversa. Incluso o lume alcanzou a estrutura do inmoble, polo que os bombeiros estableceron un perímetro de seguridade para evitar o acceso de persoas e reducir riscos.


Na extinción deste incendio traballaron os Bombeiros e ou Grupo Municipal de Emerxencias do Carballiño e axentes da Garda Civil.