Actuación do artista carballiñes Daniel Pereira na Academia Galega de Belas Artes

O artista carballiñes Daniel Pereira González deu este martes día 28 un recital de piano na Academia Galega de Belas Artes na Coruña interpretando ao piano pezas de Heitor Villalobos e Alberto Evaristo Ginastera.

Foi presentado polo académico da Sección de Música Juan Durán Pechouse con el o curso 2021-2022 dos martes das artes que se retomaran en setembro con novos ciclos, de arquitectura, música e outras disciplinas artísticas, e con ciclos xa consolidados como “Artistas galegos, o autor e a sus obra” organizado polo académico Xurxo Lobato

AVANTAR ACTIVIDADES

Curriculum de Daniel

Tras iniciar os seus estudos musicais no Carballiño, trasládase posteriormente ao Conservatorio de Ourense, terminando o Grao Profesional con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario. O Grado Superior realízao no Conservatorio Superior de Vigo, obtendo igualmente máximas cualificacións.
Desde 1998 recibe leccións maxistrais do mestre Luís de Moura Castro na Escola Juan Pedro Carrero de Barcelona. En febreiro de 2001 recibe unha bolsa da Universidade de Hartford (EEUU), cidade na que reside desde setembro de 2001, e onde completa un Master en Música en maio de 2006. No devandito centro concédenlle un premio especial post-gradación e en setembro do 2004 outórganlle a bolsa especial Moses Haltzmark.
Asistiu a diversos cursos de interpretación e técnica pianística. Así mesmo participou en Cursos e Festivais Internacionais tales como Amalfi Coast Music Festival (Italia), Baregues (Francia), Igualada (Barcelona), Olot (Xirona), Praga (Rep. Checa), Namur (Bélxica), Vilanova de Gaia (Portugal), Río de Janeiro (Brasil) e Friburgo (Suíza). Traballou con mestres como Boris Berman, Diane Andersen e Thomas Mastroiani. Así mesmo recibe consellos do renombrado oboísta Humberto Lucarelli.

Ofreceu recitais na Comunidade Galega, como no Teatro Principal de Pontevedra, no Auditorio Martín Códax de Vigo, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, no Club Náutico de Vigo, na Fundación Mayeusis, no Ciclo ‘Xeración 2000+1’ de Novos Intérpretes en Vigo e en Ciclo Jove de Barcelona, no Círculo Mercantil, no Conservatorio Manuel Quiroga.
A súa nova carreira inclúe recitais nos Estados Unidos como en Connecticut, onde tocou en festivais como o de Santa Cecilia Music Festival, celebrado na Catedral de Hartford.
En setembro de 2003 formou dúo co oboísta brasileiro Cleobaldo Chianca, ofrecendo recitais en diversas cidades do noroeste estadounidense. En xaneiro de 2004 fundou o dúo ‘Catro Mans’ coa pianista rusa Maria Bessonova, realizando igualmente unha intensa actividade concertística, incluíndo concertos nas Illas Canarias. Recentemente formou dúo co clarinetista italiano Giancarlo Bazzano.
Tocou en directo para a TVE Galicia no programa “Baiona, un real verán”.

É membro fundador da Asociación Xuvenil Galega “Amigos do Piano”, e foi director dos Festivais Internacionais de Piano celebrados no Parador “Conde de Gondomar de Bayona, Así mesmo, participa neles como pianista solista e acompañante, así como relator nas diversas charlas e conferencias.
Daniel é tamén un entusiasta da Historia das Escolas Pianísticas e goza ofrecendo charlas para cando se presenta a ocasión.
En setembro de 2007 comezará estudos na Universidade do Estado de Nova York co mestre ruso Paul Ostrovsky.
Páxina web: www.daniel-pereira.com

Fonte de Informacion:

http://galegos.galiciadigital.com/es/daniel-pereira-gonzalez