O concello adianta a recollida do lixo de mañá ás 16:00 horas

O concello solicita a colaboración da veciñanza para que non se tire lixo a partir das 16h do día de fin de ano. A Deputación de Ourense, responsable da recollida de lixo, comunicou ao Concello do Carballiño que vai adiantar a recollida ás 16h deste xoves debido á festividade do día 1 de xaneiro.

Ante este feito, o Concello do Carballiño pide a colaboración da veciñanza para que evite tirar lixo dende as 16h de mañá ata á tardiña do día 1 de xaneiro.Tamén recorda que o día 2 de xaneiro haberá unha ampliación do servizo de recollida debido ao gran consumo que se agarda nestas datas.

AVANTAR ACTIVIDADES