O Carballiño baixa un caso ata os sete contaxiados e San Cristovo de Cea mantén un positivo

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 8. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

O Carballiño baixa un caso activo, pasando dos 8 de onte ós 7 positivos de hoxe. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14. O Irixo, a pesar de estar libre de covid, baixa ó nivel medio alto, cun 30% de aforo interior na hostalaría e 50% en terraza. Os cambios entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo venres.

AVANTAR ACTIVIDADES

E os demais concellos,  Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.