Aberta a inscricion para a escola de patinaxe do club Aehde para a tempada 24/25

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Club de Patinaxe Aehde O Carballiño procede á apertura de matrícula para a Escola de patinaxe do curso 24/25. Todos os interesados poden poñerse en contacto ca entidade a través do seu correo eletrónico: info@aehde.com ou no teléfono 699473605. A oferta inclúe dende a escola de iniciación ata o grupo de adultos, pasando pola modalidade de libre e de show. Está aberta a todas as idades e niveis.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As clases darán comenzo na segunda quincena de setembro e dilataranse ata o mes de xuño do 25 en canto á escola se refire, mentres que o club de competición ten actividade os doce meses do ano.