Carballiño continúa en descenso, hoxe baixando ós 29 casos activos. Tres concellos quedan libres de covid

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 47, unha cifra que baixa notablemente pola evolución de varios concellos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No Carballiño, hoxe os datos baixan ós 29,  tres casos menos ca onte. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra baixa ata os 27. Este municipio sufriu un descenso notable, sobre todo na última semana.

Boborás é o seguinte concello con maior número de casos, un total 6, os mesmos ca onte. Ségueo Maside, que suma hoxe un caso activo para ter 5 contaxiados. Punxín e San Cristovo de Cea teñen hoxe tres casos cada un, ambos restando un caso con respecto a onte. O Irixo conta cun caso activo. Beariz, Piñor e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------