A Deputación de Ourense asigna preto de 300.00 euros á cooperación cos municipios da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria desta semana, vén de aprobar axudas á cooperación cunha partida de case 300.000 euros. Desta cantidade, unha meirande parte destinarase aos concellos da provincia, salvo 30.000 euros destinados a gastos de funcionamento do centro de día da Asociación Autismo Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, asignáronse 242.000 euros para a cooperación municipal, destinados a fomentar proxectos culturais, deportivos, administrativos e de servizos sociais na provincia. En total, 8 concellos, recibirían esta axuda financeira para levar a cabo iniciativas locais.

Castrelo de Miño, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea son algúns con municipios beneficiarios destas axudas. O Concello de Piñor obterá 12.500 euros para a creación dunha páxina web municipal; o Concello de Punxín recibirá case 6.00 euros para a contratación dun arquitecto; o Concello de Cea terá 25.00 euros para gastos de funcionamento do Museo Olimpo Liste, así como 5.500 euros para mantemento de campos de fútbol.

Na mesma sesión, aprobouse a modificación do Plan de Cooperación a petición do Concello de Maside, coa fin de cambiar o destino de 22.670 euros consignador no CooperOU 2024.