Estamos rematando o verán, pero aínda quedan unhas festas. Este días celébranse as festas do barrio de San Ramón, no Carballiño. Hoxe falamos sobre a súa programación.
O barrio do San Ramón, no Carballiño, está en festas. Tanto mañá como toda a xornada do sábado haberá actividades para todos os públicos. O venres comezarán as festas, cando ás 21.30h estará actuando o Dúo Élite e, a continuación, ás 23.00h, a actuación de Luis Moreta.
Isabel, dende a Parrillada San Andrés, falounos hoxe un pouco máis desta programación, así coma dos premios que teñen preparados.
O sábado será o día grande. Dende á maña estarán animando as rúas “Os tres galeguiños”. Ás 11:30 horas, misa solemne na Veracruz e procesión. Pola tarde, ás 19.00 horas, actuación do Mago Ninou na Pista Vermella, con sorteo entre os asistentes dunha cesta doce. Pola noite, fin de festa co Trío Banarama, seguida da actuación de Dani Pardo.
Este ano, haberá un sorteo de 200 euros e un tratamento de salón de peitado (corte, cor e peitado) e outro de manicura e pedicura por cortesía da perruquería Triscos.