O Carballiño acolleu a actuación do Mago Paco para fomentar a lectura entre os máis pequenos, parte da iniciativa “Ler conta moito da Xunta de Galicia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Mago Paco chegou hoxe a Biblioteca Municipal do Carballiño coa actividade “Maxia Divertida. Contamaxias·, parte do programa “Ler Conta Moito da Xunta de Galicia”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A cita tivo lugar hoxe, venres 30 de agosto, ás 11.00 da mañá na Biblioteca Municipal do Carballiño. O Mago Paco presentou contos e historias a través de xogos e maxia, sorprendendo a pequenos e maiores coa “maxia divertida” que esconden os relatos. A risa foi o ingrediente principal na súa proposta, pouco convencional, pero moi divertida.

A actividade forma parte do programa “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia. Trátase dun programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Carballiño. Búscase achegar a lectura á cidadanía de forma lúdica e divertida, fortalecendo o papel das bibliotecas como espazos aberto de aprendizaxe. Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.