A Deputación expresa o seu apoio e colaboración cos avogados na mellora das condicións das quendas de oficio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro de traballo coas representantes dos profesionais da avogacía e procuradores de Galicia, Marta Gómez e Alime Castro, coas que analizou a situación que está a vivir a avogacía en xeral e os profesionais que desenvolven o seu labor nas quendas de oficio.

Luis Menor escoitou as reivindicacións das representantes da avogacía, que reivindican unhas mellores condicións para garantir o dereito á tutela xudicial efectiva dos cidadáns.Na xuntanza abordouse tamén a problemática da cobertura sociosanitaria e, de modo particular, das pensións de xubilación, lamentando as representantes do sindicato que logo de toda unha vida cotizando queden con pensións por debaixo dos 1.000 euros ou mesmo a metade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación destacou o importante labor que desempeñan estes profesionais como servizo público no ámbito da xustiza e afirmou que neste sentido as institucións tamén deben traballar, na medida das súas competencias, para mellorar as condicións laborais destes traballadores.