O concello felicitará os cumpleanos de nenos e nenas do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

O CONCELLO FELICITARÁ OS CUMPLEANOS DOS NENOS E NENAS DE 1 A 11 ANOS DURANTE O ESTADO DE ALARMA POLO CORONAVIRUS

Debido ao estado de alarma polo coronavirus, que implica o confinamento nas casas, entre outras medidas de prevención para evitar os contaxios; e de que os nenos e nenas padecen esa situación de enclaustramento en gran medida, o concello toma a iniciativa de felicitar a todos os nenos e nenas de 1 a 11 anos polos seus cumpleanos.

HIPER MASIDE

Así, coa precaución de cumplir coas medidas establecidas para evitar calquera posible contaxio, tómase a iniciativa a partir de hoxe de  felicitar os cumpleanos aos nenos e nenas de 1 a 11 anos.

Esta inciativa consiste en emitir a través da megafonía dun automóbil diante da casa do neno e nena que cumpla anos, unha canción, acompañada dun texto grabado, alusivos a esta efeméride.

Para isto, o concello conta coa colaboración desinteresada da empresa carballiñesa de eventos Inforsonic, así como da locutora de radio e TV local Maiti Grande.