O barrio de Flores acolle as primeiras proxeccións de setembro do Cineclube

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A programación de Cine Club Carballiño para o mes de setembro contempla un total de 11 proxeccións, entre longometraxes, curtas e documentais, cun apartado especial que coincidirá coas festas patronais de San Cibrao e outro coa primeira xornada da Feira Festa da Pepa Loba. Concretamente, a primeira sesión, na que se proxectará “El navegante”, de Buster Keaton, coa música en directo do trío Caspervek, terá lugar no Auditorio Manuel María ás 22,45 horas. O sábado, á mesma hora e no barrio de Flores, haberá dúas sesións coas curtametraxes dirixidas por Pachi Baranda e Manuel Nanín: “Lentura” e “Galiza”, gratuítas e abertas a todo tipo de público e coincidindo coa feira de artesanía.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ricardo Paz, directivo da entidade cineclubista, avanzounos o programa de proxeccións.

Como xa vos dixemos este ano colaboramos con dúas actividades na Feira da Pepa Loba. A primeira delas, a proxección de El navegante acompañada co trío Caspervek que interpretará a banda sonora en directo a trasladamos ao Auditorio Manuel María debido á chuvia, mantendo o día, venres 6, e a hora, 22:45.

A entrada é de balde. A actividade do día 7 manténse ao aire libre en Flores. Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.