O barrio de Flores acolle esta fin de semana a tradicional ‘Feira da Pepa Loba’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

VIDEO PROMOCIONAL PREMER NA IMAXE

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A 28ª edición da ‘Feira Festa da Pepa Loba’ celebrarase os vindeiros días 6, 7 e 8 de Setembro no barrio de Flores, con adicación especial aos antigos retratistas. Un evento xa tradicional previo á celebración das festas patronais do San Cibrao e co que se tenta recuperar o antigo espazo das feiras comerciais e os oficios artesanais, no marco incomparable do casco histórico do Carballiño. A programación abríuse na tarde de onte cunha mesa redonda de homenaxe aos antigos retratistas, na que participaron o fotógrafo Moncho Fuentes, o historiador Felipe Senén e o escritor Miguel Anxo Fernández, rematando a xornada á medianoite cunha queimada popular.

Para mañá sábado están previstas unha demostración dos vellos oficios no marco da feira de artesanía, un obradoiro de estampaxe textil e outro de cestería, e, xa, as oito da tarde, o grupo de tratro Dar Trela, xunto con veciñas e veciños do barrio, escenificarán a tradicional Baixada da Pepa Loba coa súa gabilla. Un dos actos máis emotivos consisitirá no descubrimento dunha placa de homenaxe a Rosa Núñez Muñoz, a promotora e impulsora deste evento dende as súas orixes. Na xornada do domingo haberá un obradoiro de cerámica na fonte de Flores e o sempre disputado campionato de chave infantil e adulto na Eira, antes do xantar de confraternidade e a entrega de trofeos.

Ari Quintas pola organización e Clara Vázquez e Vítor Tato, do grupo de teatro Dar Trela, fixeron a presentación desta feira: