A Pepa Loba protagonizou a tradicional ‘Baixada’ na Feira de artesanía de Flores

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O barrio carballiñés de Flores voltou a congregar a centos de persoas para participar na ‘Baixada da Pepa Loba’, unha tradicional representación que xa se converteu nun punto de referencia da Feira de Artesanía que anticipa nunha semana a celebración das festas patronais do San Cibrao. Dende a fonte da Casa do Concello ata a praza Tupino, o grupo Dar Trela, xunto con colaboradores e voluntarios, escenificou durante máis dunha hora o percorrido da bandoleira e a súa gabilla polas ateigadas rúas do barrio, e cunha temática irónica sobre o novo goberno de cealición do Carballiño.

A primeira parada tivo lugar na Casa Gazpara, na que houbo un brindis pola bandoleira.

Tras un relatorio reivindicativo por parte das integrantes máis mozas da gabilla, a comitiva fixo unha parada na Adega para descubrir, na súa casa natal, unha placa conmemorativa e de lembranza de Rosa Núñez Muñoz, creadora e impulsora da Feira Festa da Pepa Loba.

A bandoleira trasladouse despois a outras prazas de Flores e atoparse con autoridades como o cacique ou o bispo e rematar no espazo adicado a Tupino, onde a historia da gabilla quedou pendente dun próximo capítulo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------