
A programación do Cine Club Carballiño continúa os días 13, 14 e 15 de setembro con dous ciclos, un deles adicado aos máis cativos, aínda que non só, con tres películas prantexadas non só para nenos senón tamén para o público en xeral: Buenos días mundo, un canto á natureza feita con dibuxos en papel maché animados mediante a técnica de stop motion, un filme dunha grande beleza; Ponyo en el acantilado, dirixida aos máis pequenos, e tamén aos fieis do animador xaponés Miyazaki (estivo nominada ao León de Ouro no Festival de Venecia e hoxe está considerada un dos grandes clásicos da animación do sçeculo XX); e ¿Dónde está Anne Frank?, do israelí Ari Folman, dirixida a todos os públicos e non só aos pequenos da casa. As películas deste ciclo serán todas ás 18:00 horas e o custo da entrada é de 2 euros, xa que entra dentro da nosa programación de Filmoteca.
E eses mesmos días, 13, 14 e 15 de setembro, ás 20:00 e ás 22;30 horas temos un ciclo de 3 películas do cinema español máis recente: La casa, adaptación da novela gráfica de Paco Roca dirixida por Alex Montoya e protagonizada por David Verdaguer, Luis Callejo e Óscar de la Fuente, que destacan dentro cun conxunto coral de actores estupendos. No reciente Festival de Málaga gañou varios premios, entre eles os do público á Mellor película, o de mellor guión e mellor banda sonora. Tamén o premio Feroz da crítica. E dunha triunfadora en Málaga a outra, Segundo premio, de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez, que se alzou coa Biznaga de Ouro á Mellor película, dirección e montaxe. Sen dúbida unha das estreas máis esperadas deste ano. E rematamos o ciclo cunha pequena xoia, Mamífera, de Liliana Torres, unha estupenda reflexión sobre a maternidade (ou non). Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.