Concentración polo presente e futuro da Ribeira Sacra, MAÑÁ, venres 13, ás 11.30h. na Consellaría do Medio Rural (Lugo)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dispoñíbel servizo de autobuses con saída ás 10 dende Chantada, pasando por Escairón, Pantón e Monforte

O Sindicato Labrego Galego tamén asistirá á xuntanza convocada pola Consellaría do Medio Rural o vindeiro mércores 18

Lugo,12 de Setembro2024.Ante o anuncio dunha mesa de traballo para o vindeiro mércores 18 realizadohoxe pola Consellaría do Medio Rural ás organizacións agrarias, dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), se ben asistiremos a esta xuntanza, queremos confirmar que mantemos a convocatoria de mobilización realizada para mañá, venres 13 de setembro, ás 11.30h., diante das dependencias da Consellaría do Medio Rural (CMR) en Lugo (Xunta de Galicia, Ronda da Muralla, 70).

O SLG habilita un servizo de buses dende a Ribeira Sacra a Lugo, que realizará o seguinte percorrido: saída ás 10:00hdende o cemiterio de Chantada, 10:15h Rotonda do Polígono de Escairón, 10:20h Ferreira de Pantón (rotonda do cuartel), 10:30h Monforte (gasolineira das fontes).

Tanto a destacable demora nesta proposta de xuntanza -que chega xa ca vendima comezada malia ser este un problema coñecido dende fai anos, que vimos poñendo sobre a mesa dende fai meses e que debía ser atallado antes da campaña-, como o propio enfoque da mesma “para analizar a situación actual de crisis na Denominación de Orixe Ribeira Sacra e propor solucións de futuro para dar resposta aos distintos problemas que actualmente existen na D.O.” en palabras da CMR, denotan unha lentitude na vontade de reacción e actuación por parte da Xunta de Galicia que sigue xustificando que o sector se manteña mobilizado se queremos que da xuntanza do vindeiro mércores saiamos ca solución que precisamos xa para esta vendima: unha axuda directa para as viticultoras e viticultores aos que non se lles vai recoller a uva unha proposta clara de actuación que evite que esta situación, como xa vaticinan as propias adegas da Ribeira Sacra, se repita de novo o vindeiro ano.

Lamentabelmente, xa fai unhas semanas asistimos a un anuncio de medidas por parte da CMR que ademais de insuficientes, concretaríanse inda dentro de moitos meses despois de que teña lugar a vendima.

Así, ca concentración de mañá en Lugo demandamos que a Consellería de Medio Rural tome medidas realmente efectivas para que os viticultores e viticultoras ás que lles quede a uva sen recoller teñan unha compensación económica que cubra, como mínimo, os custos de produción nos que incorreron durante todo o ano.