O Carballiño festexa mañá ao San Cibrao cunha festa infantil e a ‘Panorama’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A vila do Arenteiro celebra mañá martes o día grande das súas festas patronais coa procesión e misa solemne do San Cibrao a partir das 11,00 no templo da Veracruz, co acompañamento da banda de música de Boborás, mentres os pasarrúas corren a cargo da charanga Castro Bello. Para as 6 da tarde está prevista na praza maior unha gran festa e olimpiada infantil amenizada polo DJ Tibu, na que haberá agasallos para os participantes, e dende as 10 da noite, a disco móbil A Gramola fará de teloneira do espectáculo da orquestra Panorama na praza da Veracruz. Na xornada de onte, domingo, a Agrupación Musical da Limia puxo a nota musical cun concerto na capela do Asilo e o grupo folclórico Cantigas e Agarimos levou a cabo un percorrido polas prazas Corral, Pardo Bazán e Maior, ofrecendo o máis vistoso do seu repertorio coral e de baile.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, amosou a súa satisfacción pola presenza desta agrupación nas festas:

O edil carballiñés tamén fixo referencia ao concerto que Guadi Galego ofreceu onte pola noite na praza maior e avanzou detalles da programación: