Boa iniciativa do Alcalde de Maside

IES CHAMOSO LAMAS

O alcalde do Concello de Maside,José Manuel Iglesias,mantivo no día de onte,conversas telefónicas con tódolos alcaldes da comarca coa fin de manter unha xuntanza.
A finalidade desta xunta é en primeiro lugar analizar a situacion de cada un dos concellos e as medidas adoptadas ante a crise sanitaria do COVID-19, como punto de partida para elaborar unha estratexia común para os municipios da comarca.
Tratarase dun primeiro acercamento para a posta en común de distintas perspectivas,ideas,propostas,… para conseguir solucions a problemáticas da cidadania nestes e nos vindeiros días nos distintos ámbitos (social,sanitario,laboral…) e que poidan ser de axuda para paliar esta situacion de crise que estamos a vivir.
A idea foi moi ben acollida polos alcaldes e a xuntanza terá lugar o vindeiro sabado dia 11 abril ás 12,00h no Salón de Plenos do Concello de O Carballiño,por ser a capitalidade da comarca.
O rexidor masidao confia en que desta xuntanza saian moitas outras,dándolles cabida nas seguintes ós portavoces dos distintos grupos da oposicion dos distintos concellos,porque a labor para sair desta crise é de todos.