O PP pedirá á Corporación provincial un acordo para complementar as axudas da Xunta aos viticultores da D.O. Ribeira Sacra

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

·          O grupo popular afirma ser “moi consciente” da situación pola que atravesan os agricultores, pola uva que quedar sen recoller, e sabe da “necesidade de medidas urxentes” que complementen as xa tomadas polo Goberno galego

16, setembro, 2024. O grupo provincial do Partido Popular vén de presentar unha moción para o pleno ordinario da Deputación, previsto para o 27 de setembro, na que pedirá a implicación de todos os grupos políticos da Corporación para alcanzar un acordo que permita complementar as axudas da Xunta de Galicia aos viticultores da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

COMERCIAL ORCELLÓN

O grupo popular afirma ser “moi consciente desta situación e sabe da necesidade de medidas urxentes que complementen as xa tomadas pola Xunta”, destacando que o obxectivo desta iniciativa é alcanzar o prezo do custo da uva non recollida, coa finalidade de garantir a supervivencia das explotacións. Nesta liña, a moción tamén pide ao Goberno galego que garanta esa liña de axudas para mitigar as perdas ocasionadas este ano nos viñedos da Ribeira Sacra pola uva non recollida.

A iniciativa popular repasa a situación de “excedente de viño” que se está a rexistrar, especialmente os tintos, que están a ter dificultades en todo o mundo. Tras este escenario parecen estar cambios no comportamento dos consumidores, algunhas modas, o cambio climático e mesmo consecuencias derivas da pandemia, esta última como responsable da acumulación de tintos en numerosas adegas de todo o sector.

As reservas de tinto, engade a moción do PP, non conseguen saír ao mercado e aínda que non se pode falar dunha denominación ou dunha uva en concreto, si parece que onde máis dano se está a rexistrar é nas zonas onde a produción e máis esixente.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------