O subdelegado do Goberno reúnese con representantes dos construtores e da AECC para coñecer a súa situación e necesidades

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Asociación Provincial de Empresarios da Construción trasladoulle a falta de man de obra que está a sufrir o sector

Ourense, 18 de setembro de 2024. – O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, reuniuse esta mañá con Santiago Ferreiro e Cesáreo Fernández, presidente e xerente, respectivamente, da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense, os cales lle trasladaron a valoración positiva que fai o sector na provincia da importante inversión en obra pública que o Goberno de España está a realizar e que agardan que continúe na mesma liña ata 2027. Pola súa banda, entre as demandas que lle fixeron chegar destacou a falta de man de obra.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado recibiu todas estas impresións e plasmoulles a posibilidade de acoller inmigrantes regularizados para solucionar a necesidade de traballadores. Neste senso, os representantes dos construtores cualificaron como “moi eficaz” o traballo realizado pola Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno, pero reclaman que se axilicen os trámites.

Asociación Española Contra o Cancro

Así mesmo, Eladio Santos tamén recibiu hoxe a membros da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense. O seu presidente, Germán Rodríguez-Sáa; a vicepresidenta, Olga Mojón; e a secretaria, Pilar López-Guerrero, informaron ao subdelegado do labor que realiza este colectivo na provincia e do continuo crecemento que está experimentando, medrando en número de socios e accións cada ano.

Para o desenrolo do seu plan estratéxico provincial, os representantes da AECC aproveitaron a cita para solicitar a colaboración da Subdelegación do Goberno, como están a facer tamén cos concellos da provincia.

Eladio Santos, pola súa banda, resaltou a traxectoria da asociación en Ourense e quixo poñerlles de manifesto que considera que “a AECC é máis que unha ONG, xa que realiza un servizo sanitario imprescindible para a poboación, con atención psicolóxica e apoio tanto a pacientes como a familiares”.