Un investimento de 300. 000 euros por parte da Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Ourense fan posible a execución do proxecto de remodelación e ampliación da área termal de ‘O Bañiño’ de Punxín, co obxectivo de manter abertas as instalacions durante todo o ano e, deste xeito, promocionar o municipio cara ao turismo e así contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da poboación. O tenente de alcalde, Eladio Fernández, destaca as potencialidades do municipio, moi ben comunicado pola estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) e a escasa distancia da conexión coas autovías A-52 (Madrid-Vigo) e AG-53 (Ourense-Santiago).
Escoitamos a Eladio Fernández, voceiro do goberno municipal de Punxín.