Galicia estabiliza o avance da pandemia, aínda que incrementa os ingresos en hospitais

IES CHAMOSO LAMAS

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 101 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.022, o que amosa estabilidade dado que so se incrementan en sete casos globais. A presión asistencial aumenta, sobre todo en pranta. Hoxe hai 46 (+1) persoas na UCI, e 174 (+5) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un leve descenso. Hoxe hai 11 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe con respecto a onte en 7 contaxios, ata os 264 casos totais. Os hospitais presentan hoxe estabilidade en coidados intensivos pero incremento en planta. Contamos con 20 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 9 (=) na UCI.

HIPER MASIDE