Hoxe, o cadro “A Feira”, de Juan Valcárcel, abandoa o Salón de Plenos do Concello

O cadro “A feira”, do pintor carballiñés Juan Valcárcel, leva máis de oito anos colocado na parede do fondo do Salón de Plenos do Concello do Carballiño. Esta peza ten 3,9 metros de longo e está datada no 2011. Valcárcel asegura que a fixo coma homenaxe ó pobo no que viviu, traballou e expuxo a súa obra durante máis de 30 anos e ca intención de que se quedase ahí para formar parte do patrimonio común.

Hoxe foi o seu último día nesta ubicación. Segundo o pintor, tanto o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, coma el estiveron de acordo nos términos desta cesión e agradeceulle ó rexedor a súa paciencia. Valcárcel amosou a súa intención de que no futuro outra obra súa poida formar parte do patrimonio municipal.

AVANTAR ACTIVIDADES